martes, 26 de febreiro de 2019

2ª xornada en Dublín

Hoxe foi unha xornada intensa en Dublín. A nosa xefa de estudos, Beatriz Temes, visitou unha escola de educación secundaria, Colaiste Mhuire, situada en Limerick. 




Foi unha visita moi inspiradora na que Bea puido observar como aplican con éxito unha metodoloxía baseada na aprendizaxe por proxectos e tarefas significativas que potencian o pensamento crítico, a cooperación e as destrezas comunicativas e lóxica-matemáticas. Ademais, o claustro do profesorado, en formación permanente, está especialmente interesado en dotar ao alumnado de estratexias para ser máis consciente e responsable do seu progreso. Fai clic AQUÍ para saber máis (en inglés).

María José Novo, pola súa parte, mellorou a súa competencia en inglés colaborando con outros docentes á hora de buscar e presentar información acerca da riqueza gastronómica de Irlanda.





Once again, thanks a lot for keeping us informed!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario