A nosa xefa de estudos, Beatriz Temes, e a coordinadora de
infantil, María José Novo, chegarán mañá a Dublín, para participar en dous
eventos formativos dirixidos a profesores de centros educativos de toda Europa.
Ao longo de 5 días, Beatriz terá a oportunidade de
visitar escolas de Dubín nas que observará clases reais para analizar o seu enfoque pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Ademáis, entrevistaráse
con profesores para intercambiar información sobre a realidade educativa e
sociocultural en Irlanda e no noso país e para sentar as bases de futuros
proxectos de colaboración.
Pola súa parte, María José participará nun curso de actualización lingüística en inglés para mellorar a súa competencia e para
potenciar o plurilingüismo na nosa comunidade escolar. Grazas a este curso,
ademais, poderá coñecer a profesores doutros países para intercambiar boas
prácticas educativas e para por en marcha futuros proxectos internacionais de
colaboración intercentros.
Esta mobilidade xa está a ter un impacto moi positivo no
centro xa que os alumnos de 1º da ESO, supervisados por María José Gil, elaboraron un diario de viaxe con información útil sobre Dublín e entregáronllo
a Bea e María para facilitar a súa estadía nos próximos días.
Ademais, María José xa ten posto en marcha un proxecto interdisciplinar sobre Irlanda cos peques de infantil!
Have a good trip! Looking forward to hearing from
you!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario