xoves, 21 de febreiro de 2019

Mini proxecto sobre Dublín

A menos de 3 días para que comecen a 3ª e a 4ª mobilidade do noso proxecto Erasmus +, os alumnos de 1º de ESO, supervisados pola súa teacher María José, veñen de completar un fantástico proxecto sobre a capital de Irlanda. A Dublín viaxarán o sábado a xefa de estudos, Beatriz Temes e a coordinadora de infantil, María José Novo para participar nunha visita de estudos a centros educativos e nun curso de actualización lingüística en inglés, respectivamente.






Beatriz terá a oportunidade de visitar centros escolares de Dublín, exportar e importar boas prácticas e establecer contacto para futuros proxectos de internacionalización. María José poderá mellorar a súa competencia en inglés para potenciar o plurilingüismo na nosa comunidade escolar e coñecerá profesores doutros países para intercambiar boas prácticas educativas.
Congratulations ESO 1 students on your awesome work!

Ningún comentario:

Publicar un comentario