Beatriz Temes e María José Novo comparten con nós varias imaxes do seu primeiro día en Dublín.
Para María José foi unha xornada intensa na que aprendeu en colaboración con outros profes os aspectos máis cemblemáticos da cultura irlandesa en xeral de Dublín en particular, un intercambio cultural que culminou coa posta en marcha dun "Treasure Hunt" ou Caza do Tesouro pola cidade.
Para Bea, o primeiro día foi unha toma de contacto con outros compañeiros docentes cos que a partir de mañá terá a oportunidade de observar centros educativos irlandeses. Con este compañeiros intercambiaron experiencias e impresións sobre que observar e como observalo.
Thanks a million for the update!
Ningún comentario:
Publicar un comentario