xoves, 12 de abril de 2018

Os beneficios do "peer-assessment", a co-avaliación entre alumnos

María José Gil segue a súa 3ª xornada no Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira cun fantástico obradoiro sobre os beneficios da avaliación entre o alumnado. Da man da profesora Agnieszka Luczak, María José comprobou a importancia de que os alumnos se dean feedback un saos outros. Se ben a autoavaliación e a avaliación do docente é fundamental, a valoración construtiva dos compañeiros é clave para aprendizaxe: motiva, potencia a reflexión e o progreso e optimiza o tempo e os recursos humanos na aula.




Porén, para que a co-avaliación sexa efectiva, di Agnieszka, é fundamental ter uns obxectivos moi claros e uns criterios sinxelos que axuden aos alumnos a valorar o traballo dos outros. Neste obradoiro María José viu ferramentas reais de co-avaliación entre as que destacan as preguntas reflexivas, checklists, rúbricas sinxelas e sistemas de incentivos que estamos desexando coñecer e pilotar.
Grazas de novo, María José!



Ningún comentario:

Publicar un comentario