mércores, 4 de abril de 2018

Entrevista a Beatriz Nieto sobre a súa estadía en Brunswick

Beatriz Nieto ven de compartir con nós a súa experiencia en Brunswick, Alemaña, logo de rematar a súa estadía na Realschule George Eckert  o mes de marzo. Non deixes de ler esta entrevista. Grazas, Bea!





Tipo de mobilidade: estadía de observación
Institución de acollida: Realschule George Eckert
Duración: 5 días
Lugar: Brunswick, Alemaña

Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Observación da práctica docente e do funcionamento do sistema educativo alemán

Que tipo de actividades levaches a cabo durante a mobilidade?
Velaquí unha relación das actividades que levei a cabo:
  • Observación organización centros
  • Observación de clases e talleres de diferentes materias
  • Entrevista con alumnas que cursan castelán como lingua estranxeira
  • Participación nun seminario de avaliación de alumnos que cursan estudos para ser profesores
  • Visita a dous centros escolares de ensinanza media de diferente categoría - Realschule e Gymnasium
  •  Revisión material educativo -libros de texto e outros
  • Participación en saídas culturais cos alumnos
  • Asistencia a unha xornada de presentación a pais e nais da escola e das materias ofertadas no centro
  • Asistencia a reunións do profesorado
Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
A avaliación do proceso E-A, a maneira de organizar as clases e xestionar o centro, e o proceso de formación e avaliación do profesorado

Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
A impecable organización da miña estadía, que brindoume a posibilidade de asistir a tan variadas actividades para obter unha visión xeral da educación en Alemaña.

Como cres que podería mellorar?
A organización foi estupenda, por comentar algo, quizás tería sido interesante visitar unha Hapschule, unha escola secundaria para alumnos que optan pola vía da formación profesional.

Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
Creo que moitas das prácticas docentes que observei poden ser extrapolables ao noso día a día de forma doada e que conducirían a unha melloría nos catro ámbitos do proxecto: xestión, inclusión, innovación e internacionalización.

En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio

Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?

Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
O proxecto Erasmus+ ofrécenos a oportunidade de coñecer outras formas de traballar, de comprobar o que funciona e o que non o fai tanto, de abrir a mente, de coñecer xente marabillosa... A diferencia cunha mera viaxe é inmensa: aquí non eres un espectador, formas parte de algo máis grande... é emocionante sumerxirte noutra forma de traballar e cultura dende o día a día, como un máis.


Para saber máis sobre a mobilidade de Beatriz, fai clic AQUÍ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario