venres, 6 de abril de 2018

Have a good trip, María José!

María José Gil, profesora de inglés no colexio, viaxará a próxima semana a cidade británica de Brighton para para participar no 52º Congreso Anual da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira. Con máis de 3000 partipantes de ata 100 países distintos, a participación neste congreso é unha oportunidade única para entrar en contacto con profesionais, enfoques metodolóxicos e prácticas docentes novas así como de dar a coñecer o noso centro e entrar en contacto con docentes cos que colaborar en futuros proxectos de innovación e internacionalización.




Esta mobilidade xa está a ter un impacto moi positivo no centro xa que os alumnos de 2º da ESO, supervisados por Mary González, elaboraron un diario de viaxe con información útil sobre Brighton e entregáronllo a María José para facilitar a súa estadía nos próximos días. 


Estes alumnos, e a comunidade escolar en xeral, beneficiaranse a moi curto prazo desta mobilidade xa que no mes de maio están programados dous seminarios nos que María José difundirá o aprendido no evento, os retos asumibles e tamén información acerca da cultura e tradicións desta cidade ao sur de Inglaterra.


Have a good trip, María José!

Ningún comentario:

Publicar un comentario