Esta mañá tivo lugar na Facultade de Ciencias da Educación da USC a Xornada de peche do proxecto Erasmus KA2 Digital Technology, Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching #DTICEQT, no que participamos ao longo de 2 cursos académicos.
Logo dunha reunión cos representantes dos centros socios (dous colexios galegos, dous británicos e un agrupamento de escolas de Portugal) para intercambiar resultados, o alumnado de 3º da ESO, acompañado pola xefa de estudos, a orientadora e a profesora de inglés, explicaron o seu traballo neste proxecto interdisciplinar e plurilingüe, baseado nun enfoque de resolución de problemas que lles permitíu desenvolver a súa competencia dixital, a creatividade e o espíritu emprendedor.
Ademais, participaron en obradoiros de realidade virtual, creación de podcasts e de emprendemento e foron entrevistados pola TVE acerca da experiencia.
Parabéns a tod@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario