Boas novas!
Logo de 6 cursos académicos con proxectos
de innovación e internacionalización Erasmus +, o colexio ven de conseguir a
Acreditación Erasmus +, un recoñecemento ao que veñen de optar 500 centros de
toda España e que proporciona financiación estable grazas á que levaremos a
cabo un plan de mellora a longo plazo (ata o 2027) e que permitirá ao noso
alumnado e profesorado facer mobilidades a outros países europeos para mellorar
a súa competencia lingüística, dixital, de participación democrática e
conciencia medioambiental así como
avanzar no eido da inclusión e a innovación educativas.
Que é a Acreditación Erasmus +?
A acreditación Erasmus
é unha ferramenta para as organizacións de educación e formación profesionais
(EFP), educación escolar e educación de persoas adultas que desexan abrirse ao
intercambio e a cooperación transfronteirizos. A concesión da acreditación
Erasmus confirma que a organización estableceu un plan para executar
actividades de mobilidade de alta calidade no marco dunha iniciativa máis ampla
de desenvolvemento da súa organización. Este plan denomínase plan Erasmus e é
un elemento clave na concesión de acreditación Erasmus.
Cales son os obxectivos da acreditación Erasmus?
1) Reforzar a dimensión europea do ensino e a aprendizaxe
- fomentando os valores de inclusión e diversidade, tolerancia e participación democrática;
- promovendo o coñecemento sobre o patrimonio europeo común e a diversidade;
- apoiando o desenvolvemento de redes profesionais en toda Europa.
- apoiando o desenvolvemento profesional dos profesores, directores de centros escolares e demais persoal educativo; fomentando o uso de novas tecnoloxías e métodos de ensino innovadores;
- mellorando a aprendizaxe de idiomas e a diversidade lingüística nos centros escolares;
- promovendo o intercambio e a transferencia de mellores prácticas en materia de ensino e desenvolvemento escolar.
desenvolvendo as capacidades dos centros escolares para participar en intercambios e cooperación transfronteirizos e para levar a cabo proxectos de mobilidade de alta calidade;
facendo que a mobilidade educativa sexa unha posibilidade realista para calquera alumno de educación escolar;
fomentando o recoñecemento dos resultados de aprendizaxe obtidos polos alumnos e o persoal educativo durante períodos de mobilidade no estranxeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario