Comprácenos presentarvos unha iniciativa interdisciplinar en inglés no que participarán alumnos e profesores dos centros
colaboradores no noso proxecto Erasmus +:
Trátase de “From Ourense to the World: Postcrossing at Padre Feijoo-Zorelle” (Desde Ourense para o mundo: Postcrossing no colexio Padre
Feijoo-Zorelle), un proxecto que puxemos en marcha en setembro de 2015 no que
alumnos e profesores de varios niveis intercambian tarxetas postais con persoas
de calquera punto do planeta. O envío e recepción de tarxetas é só o primeiro
paso do proxecto; quizais o aspecto máis interesante sexa a busca e difusión de
información acerca dos lugares de orixe e procedencia das tarxetas e, por
suposto, acerca de Ourense e provincia.
Grazas
a Postcrossing podemos:
- Mellorar a competencia en inglés do alumnado e do profesorado.
- Reflexionar sobre o valor do inglés como lingua internacional.
- Ampliar os coñecementos de xeografía física e política dun xeito motivador e auténtico.
- Ampliar a competencia cultural e fomentar o respeto pola diferencia ao tempo que investíagse sobre a cultura e tradicións dos lugares de orixe e destino das postais.
- Dar a coñecer Ourense e a súa provincia.
- Valorar o patrimonio cultural e natural de Ourense.
Para saber máis, visita o blog do proxecto!
Grazas a todo o alumnado e profesorado por facer posible este
ilusionante proxecto e HAPPY POSTCROSSING!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario