A coordinadora do noso proxecto, Beatriz Nieto, xa está en Valladolid para asistir ao IV encuentro nacional de proyectos de Acción
Clave 1 (KA1) - Movilidad para el Aprendizaje del Personal de Educación Escolar
(KA101) y de Educación de Personas Adultas (KA104).
Trátase de dúas xornadas de formación (26 e 27 de xuño) nas que Beatriz
poderá familiarizarse coa xestión e desenvolvemento dun proxecto Erasmus + de
mobilidade para o profesorado así como coñecer a docentes doutros lugares de
España para compartir información e intercambiar experiencias. Podes consultar
o programa do encontro nesta ligazón.
Sen dúbida unha estupenda maneira de prepararse para o inicio do noso
proxecto o vindeiro 6 de setembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario