O noso
proxecto Erasmus + K1 para a mobilidade do profesorado consta de 7 mobilidades
a 5 países que se clasifican en dúas categorías:
Estadías
de observación, nas que o profesorado viaxará a centros educativos para
observar, importar e exportar boas prácticas docentes
Eventos
de formación, aos que asistirá o profesorado para aprender sobre calquera dos
catro ámbitos de actuación en torno aos que xira o noso proxecto.
MOBILIDADE 1
Título: School Development and Quality Evaluation
and Enhancement
Datas: 8-15 de outubro de 2017
Descrición: Realización e aproveitamento dun curso
sobre xestión en calidade en centros educativos. O profesor participante
recibirá formación sobre este ámbito e terá a oportunidade de visitar centros
británicos de primaria e secundaria para analizar o seu sistema de xestión e
exportar boas prácticas.
MOBILIDADE 2
Estadía de observación no Istituto Comprensivo Marconi-Antonelli en Turín, Italia
Datas: 27 de novembro ao 1 de decembro de 2017
Descrición: O profesor participante colaborará cunha
escola en Turín que conta cunha dilatada experiencia en proxectos Erasmus+ e en
programas de inclusión educativa. Observará a docencia e a xestión do centro e
convidará aos alumnos e profesores a participar no proxecto Postcrossing e
nunha vídeo-conferencia co noso centro.
MOBILIDADE 3
Estadía de observación no Bacon’s College en Londres, Reino Unido
Datas: 19-23 de febreiro de 2018
Descrición: O profesor participante colaborará cunha escola en Londres, un centro pioneiro na innovación docente no Reino Unido. Observará a docencia e a xestión do centro e convidará aos alumnos e profesores a participar no proxecto Postcrossing e nunha vídeo-conferencia co noso centro.
MOBILIDADE 4
Estadía de observación no Realschule George-Eckert en Braunschweig, Alemaña
Datas: 5-9 de marzo de 2018
Descrición: O profesor participante colaborará cunha escola en Braunschweig, un centro con ampla experiencia en medidas de atención á diversidade e de inclusión educativa. O participante observará a docencia e a xestión do centro e convidará aos alumnos e profesores a participar no proxecto Postcrossing e nunha vídeo-conferencia co noso centro.
MOBILIDADE 5
Título: 52nd Annual International IATEFL
Conference
Datas: 10-13 de abril de 2018
Descrición: Asistencia e aproveitamento dun
congreso internacional dirixido a profesores de inglés como lingua estranxeira.
O profesor participante terá a oportunidade de asistir a conferencias plenarias
e de participar en mesas redondas e obradoiros para familiarizarse cos últimas
tendencias neste eido.
MOBILIDADE 6
Título: Innovative Approaches to Teaching
Datas: 30 de abril ao 5 de maio de 2018
Descrición: Realización e aproveitamento dun curso
sobre innovación educativa. O profesor participante recibirá formación sobre
este ámbito e terá acceso e colaborará na ampliación dun banco de materiais e
ferramentas para o seu empleo na aula.
MOBILIDADE 7
Título: Approaching Multicultural Issues and
Mixed-Ability Classes
Datas: 13-18 de agosto de 2018
Descrición: Realización e aproveitamento dun curso
sobre a atención á diversidade e ao talento individual. O profesor participante
recibirá formación sobre as clases diversas e con diferentes habilidades, a
superación de estereotipos e a atención a diversos estilos de aprendizaxe; e
terá acceso e colaborará na ampliación dun banco de materiais e ferramentas
para o seu empleo na aula.
Ningún comentario:
Publicar un comentario