Hoxe damos comezo ao noso proxecto Erasmus + K1 de mobilidade do profesorado para o curso 2017-2018!
De esquerda a dereita: Eva Pousa (secretaria), Beatriz Temes (xefa de estudos), Honorato Losada (director) e Beatriz Nieto (coordinadora programas europeos) |
Como primeiro paso, publicamos a continuación a convocatoria de axudas para mobilidades destinadas aos profesores do noso centro.
O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá, día 7 de setembro, e remata o 22 de setembro.
Non deixedes de consultar os obxectivos do proxecto e as mobilidades que se levarán a cabo. Tamén podedes ler o folleto con información resumida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario