Hoxe e onte tivemos o pracer de recibir no noso centro ao grupo Erasmus+ procedente de Atuarfik Hans Skole, en Nuuk (Groenlandia). A delegación está formada por 21 alumnos, 2 profesores e 2 pais, que nos acompañarán durante estes días nun enriquecedor intercambio educativo e cultural. Esta primeira xornada estivo dedicada á benvida oficial, na que a directora do centro, Beatriz Temes, realizou unha presentación do colexio. Ademais, o grupo foi acollido pola xefa de estudos e coordinadora de programas europeos, Beatriz Nieto, quen explicou as liñas principais do noso proxecto Erasmus+
Durante o primeiro día, o alumnado participou en obradoiros e sesións interactivas —todas elas en inglés— centradas na cultura de Galicia, así como en contidos das materias de bioloxía, ecoloxía e recursos naturais.
O programa de actividades continuará con propostas moi variadas, entre as que se inclúen sesións de defensa persoal, visitas á biblioteca, unha recepción oficial no concello e na deputación de Ourense, así como sesións de lingua española, entre outras moitas actividades.
Animámosvos a seguir atentos ao noso blog, onde iremos compartindo todas as novidades desta experiencia Erasmus+ tan especial. Estamos moi ilusionados por compartir esta experiencia cun país tan singular e con tanta riqueza cultural, que sen dúbida achegará novas perspectivas á nosa comunidade educativa.














Ningún comentario:
Publicar un comentario