martes, 21 de abril de 2026

Día 2 da estadía de observación en Barreiro, Portugal

 A profesora Eva Pousa continúa a súa estancia de observación no Agrupamento de Escolas de Santo André (Barreiro), participando en distintas sesións que lle permitiron coñecer de preto metodoloxías activas, dinámicas de aula e estratexias de atención ao alumnado.






Durante a xornada, tivo a oportunidade de compartir experiencias cun grupo de estudantes e profesorado de Turquía, enriquecendo o intercambio cultural e educativo.

Ademais, puido observar dúas sesións de Español como Lingua Estranxeira na Escola de ensino medio Quinta da Lomba, unha experiencia moi interesante para coñecer enfoques e recursos na ensinanza do idioma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario