xoves, 23 de abril de 2026

Día 3 da estadía de observación en Barreiro, Portugal

 A terceira xornada da estancia de observación no Agrupamento de Escolas de Santo André que está a realizar a profesora  Eva Pousa estivo centrada no coñecemento de diferentes enfoques educativos e na atención á diversidade lingüística do alumnado.

Durante a mañá, mantivo unha reunión con Bruno Lelo, Mentor lingüístico e cultural, e Tânia Amaro, profesora de portugués como lingua non materna. Ademais, tivo a oportunidade de observar unha sesión dirixida a alumnado de distintas nacionalidades, cuxa primeira lingua non é o portugués, o que permitiu coñecer de preto estratexias de inclusión e aprendizaxe en contextos multiculturais.

Posteriormente, asistiu a unha sesión de inglés, dirixida pola teacher Rita Cabral,  na que alumnado procedente de Turquía compartiu aula con estudantes portugueses de 11º ano, favorecendo o intercambio lingüístico e cultural nun contexto real de aprendizaxe colaborativa.

Xa pola tarde, visitou a Escola Básica Telha Nova , onde puido coñecer de primeira man as instalacións e as metodoloxías empregadas nas primeiras etapas educativas.

Unha xornada completa que reafirma o valor da cooperación internacional e do intercambio de boas prácticas no ámbito educativo.








Ningún comentario:

Publicar un comentario