sábado, 25 de abril de 2026

Último día en Barreiro, Portugal

 A xornada final desta experiencia tan enriquecedora estivo marcada pola convivencia, a aprendizaxe compartida e a celebración do camiño percorrido.

Durante a mañá, a profesora  Eva Pousa asistiu xunto co profesorado e o alumnado procedente de Turquía á sesión de peche do proxecto e da súa estancia de observación. Nela, os estudantes presentaron o seu centro educativo e o seu país, favorecendo un interesante intercambio cultural e lingüístico. A continuación, algúns alumnos participaron nunha entrevista na radio escolar, conducida por estudantes portugueses, creando un espazo dinámico de comunicación e aprendizaxe entre iguais.








A xornada continuou cun obradoiro centrado no uso sostible da auga, que permitiu reflexionar sobre a importancia de coidar os recursos naturais. Posteriormente, visitaron o horto escolar, onde tiveron a oportunidade de plantar leitugas e tomates, ademais de recoller fabas e patacas, conectando coa contorna dun xeito práctico e significativo.

Como broche final, celebrouse a entrega de certificados, poñendo o peche a unha experiencia educativa e persoal profundamente enriquecedora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario