sábado, 29 de febreiro de 2020

Farewell Dublín!

A mobilidade de Quico Rodriguez está a chegar a súa fin. Logo de 5 intensos días durante os que actualizou a sñua competencia en inglés mediante a aplicación dos enfoques por tarefas e proxectos grazas aos que colaborou con docentes europeos, Quico tivo a oportunidade de viaxar a Glendalough, o lugar sobre o que versa o seu proxecto.




Como xa sabedes grazas á mobilidade de Bea Temes e María José Novo o curso pasado, Glendalough (O val dos mil lagos) é un conxunto monasterial situado no Condado de Wicklow ao sur de Dublín. Foi creado no século VI por San Kevin e a maioría dos edificios foron completados entre os séculos VIII e XII, o que fixo de Glendalough un importante centro de peregrinaxe que honra a memoria do santo.

Agora Quico está a piques de voltar. Estamos desexando que nos contes máis en detalle a túa experiencia! Have a safe trip back home!




venres, 28 de febreiro de 2020

4ª xornada en Dublín

Quico Rodríguez segue a cursar con aproveitamento a mobilidade en Dublín. Hoxe colaborou cun grupo de profesores de diferentes países europeos para desenvolver un proxecto sobre un dos lugares máis emblemáticos de Irlanda, o complexo monástico de Glendalough. 





Ao longo de dous dias, o grupo porá en práctica o enfoque baseado en proxectos para buscar información e seleccionar sobre este lugar, elaborar unha presentación que expór a outros docentes europeos e, finalmente, comprobar os seus achádegos in situ este venres, durante a excursión a Glendalough.


Tamén tivo a oportunidade de amosar aos seus compañeiros o proxecto sobre Irlanda elaborado polos nosos alumnos de 4º da ESO, outro exemplo da aplicación deste enfoque metodolóxico.


Thanks Quico for keeping us informed!

xoves, 27 de febreiro de 2020

A mobilidade de Dublín na prensa

O Xornal Escolar de La Región faise eco da estadía de Quico Rodríguez en Dublín. Grazas pola difusión!


mércores, 26 de febreiro de 2020

3ª xornada en Dublín

Quico Rodríguez segue a manternos informados do seu día a día en Dublín! Hoxe mércores,  participou nun proxecto para descubrir o patrimonio histórico de Irlanda ao tempo que mellora a súa competencia en inglés. Xa que logo, visitou o Museo Nacional de Irlanda e fixo unha presentación colaborativa dos tesouros que reflicten a historia deste país.





Thanks for the update! Can't wait to hear about day 4!!

martes, 25 de febreiro de 2020

2ª xornada en Dublín

Quico Rodríguez comparte varias imaxes do segundo día en Dublín. Foi unha xornada intensa na que aprendeu vocabulario e estruturas necesarias para entender e transmitir de forma clara información necesaria en situacións que poidan xurdir ao longo destes días en Dublín. Ademais, familiarizouse coa aproximación Task-Based Learning, aprendizaxe baseado en tarefas, un enfoque metodolóxico moi útil para potenciar o plurilingüismo na nosa comunidade escolar.
Thanks for the update, Quico!







luns, 24 de febreiro de 2020

Greetings from Dublín!

Quico Rodríguez xa está en Dublín e comparte con nós a súa experiencia na 1ª xornada do curso English for Teachers. Logo dunha acollida no Clayton Hotel, asistíu a unha charla sobre a cultura e tradicións irlandesas e tivo a oportunidade de coñecer a profesores de diferentes países europeos cos que colaborará ao longo de 5 días.
Estamos atentos! Thanks Quico!







venres, 21 de febreiro de 2020

Entrevista a Diego Iglesias sobre a súa estadía en Florencia

Diego Iglesias ven de compartir con nós a súa experiencia en Florencia logo de completar un curso sobre convivencia e resolución de conflitos na aula. Grazie mille, Diego!



Institución de acollida: Europass Teacher Academy
1. Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Curso sobre xestión de conflictos, intelixencia emocional e prevención do bullying
2. Que tipo de actividades levaches a cabo durante a mobilidade?
Exposición, talleres e dinámicas sobre os contidos do curso
3. Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
A introdución de aspectos de intelixencia emocional na planificación de aula, nocións de psicoloxía positiva, comunicación non violenta, técnicas de xestión de conflitos, identificación de situacións de bullying
4. Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
Tomar conciencia da importancia da intelixencia emocional no traballo con persoas en xeral e con nenos e adolescentes en particular, así como da necesidade dunha maior formación nestes aspectos para o profesorado. Ademais, o coñecementos de algunhas técnicas de psicoloxía positiva e linguaxe non violenta que, considero, teñen gran potencial para a práctica docente, así coma para a propia vida cotia
5. Como cres que podería mellorar?
Cunha maior duración do curso. Dada a complexidade dos contidos que se abordan, necesitan dunha maior posta en práctica para ser asimilados
6. Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
Na reunión co claustro de profesores tratarei de transmitir as ideas principais do curso e, especialmente, concienciar sobre a importancia de considerar os aspectos emocionais na planificación das leccións e na xestión dos conflitos, que aplicarei tamén na miña práctica docente.
7. En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio
8. Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?
9. Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto
10. Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Que, na miña opinión, aínda que a planificación e organización ou a propia posta en práctica das actividades da mobilidade poidan preocupar por cuestións de tempo, inseguridade co idioma, etc., sempre son experiencias enriquecedoras e merecen a pena

Have a good trip, Quico!

Quico Rodríguez está a piques de viaxar a Dublín para participar nun curso de actualización lingüística en inglés para mellorar a súa competencia e para potenciar o plurilingüismo na nosa comunidade escolar. Grazas a este curso, ademais, poderá coñecer a profesores doutros países para intercambiar boas prácticas educativas e para por en marcha futuros proxectos internacionais de colaboración intercentros.



Have a good trip, Quico!

xoves, 20 de febreiro de 2020

Proxecto sobre Dublin

A menos de 3 días para que comece a 12ª mobilidade do noso proxecto Erasmus +, os alumnos de 4º de ESO-A, supervisados pola súa titora Beatriz Temes, veñen de completar un fantástico proxecto sobre a capital de Irlanda. A Dublín viaxará o sábado Quico Rodríguez para participar nun curso de actualización lingüística en inglés.









Congratulations on your awesome work!


mércores, 19 de febreiro de 2020

Postcrossing da Firenze

Vimos de recibir esta fermosa postal de Diego Iglesias, que, como sabedes, estivo a semana pasada en Florencia nun curso de inclusión educativa para profes de toda Europa.
Grazie mille, Diego!



martes, 18 de febreiro de 2020

Charla informativa sobre a mobilidade CLIL en Dublín

Logo da súa mobilidade en Dublín, María José Novo impartíu unha amena charla sobre o aprendido no curso CLIL (Content and Language Integrated Learning). Ao sermos centro plurilingüe, estamos moi interesados na aplicación de este enfoque e María José foi quen de transmitir as claves dunha aplicación efectiva, estratexias para fomentar o plurilingüismo e retos a ter en conta.



Ademais, tamén contounos información moi interesante sobre o seu día a día en Dublín e sobre as tradicións e cultura de Irlanda.




Moitas grazas María José! Tomamos boa nota das túas indicacións!!

sábado, 15 de febreiro de 2020

Arrivederci, Firenze!

A mobilidade de Diego Iglesias en Florencia chegou á súa fin! Logo de 5 días no curso sobre educación emocional e xestión de conflitos, Diego ven cheo de estratexias e técnicas para aplicar no noso centro.







Grazas por manternos informados día a día e estamos desexando saber todo o que aprendeches!!
Boa viaxe de vota e ata pronto!!

venres, 14 de febreiro de 2020

3ª e 4ª xornadas en Florencia

A experiencia de Diego Iglesias en Florencia segue a ser moi enriquecedora. O terceiro e o cuarto día do curso Xestión de Conflitos e Prevención do Bullying estiveron enfocados na importancia da comunicación asertiva e estratexias e técnicas para póla en práctica.
Estamos desexando saber máis!
Grazie, Diego!