xoves, 24 de outubro de 2019

4º xornada en Vizela

Grazas Tamara por compartir cos peques de 5 anos a túa experiencia en Vizela e por amosarlles a cultura e tradicións do país veciño.




Para saber máis, visita o blog de 5 anos.

mércores, 23 de outubro de 2019

3ª xornada en Vizela

Logo dunha intensa xornada de observación de aulas de Educación Física no Agrupamento de Escolas Infias en Vizela, Tamara comparte a súa experiencia: familiarizouse con estratexias para aplicar o enfoque AICLE no ensino e aprendizaxe desta materia e comprobou in situ as vantaxes da danza na educación escolar, un arte que pode axudar a promover a autoconfianza, a socialización, a disciplina e o manexo da frustación.





Obrigado, Tamara!

martes, 22 de outubro de 2019

2ª xornada en Vizela

Tamara comparte connosco a súa experiencia  no segundo día no Agrupamento de Escolas Infias en Vizela. Foi unha xornada de observación de aulas de Educación Física das que Tamara destaca as vantaxes a nivel físico e mental dos xogos populares e técnicas de integración de hixiene física e mental. Estamos desexando saber máis.






Obrigado Tamara!

luns, 21 de outubro de 2019

Saudações de Vizela


Tamara comparte connosco varias imaxes da súa primeira xornada no Agrupamento de Escolas Infias de Vizela: logo de ser recibidas polo equipo directivo, intercambiou información e impresións coa coordinadora de programas internacionais do agrupamento e visitaron as dependencias dos centros. 




Tamén tivo a oportunidade de levar a cabo un obradoiro de baile tradicional galego no que afondaron nas semellanzas e diferenzas coa tradición lusa. En breve, enviará información desta actividade e do seu día a día na escola.


Obrigado pelo update, Tamara!

venres, 18 de outubro de 2019

Boa viagem, Tamara!

Tamara Silva viaxa o domingo a Vizela, no norte de Portugal para participar nunha estadía de observación no Agrupamento de Escolas Infias de Vizela.


Ao longo de 5 días, Tamara terá a oportunidade de observar clases reais para analizar o seu enfoque pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Ademais, entrevistarase con profesores para intercambiar información sobre a realidade educativa e sociocultural en Portugal e no noso país e para sentar as bases de futuros proxectos de colaboración.
Boa viagem!!

martes, 1 de outubro de 2019

Os nosos embaixadores viaxan a Bruxelas!

Boas novas!
Os nosos alumnos embaixadores do Parlamento Europeo viaxarán a Bruxelas en novembro para visitar a sede desta institución como premio o seu labor ao longo de dous cursos académicos!




Mañá ás 17:45 horas teremos unha reunión coas familias para informar sobre as condicións da viaxe e os criterios de elixibilidade. A asistencia non é obrigatoria pero sí moi recomendable.

Podes atopar información detallada neste documento.
Parabéns, embaixadores!!

mércores, 22 de maio de 2019

Charla informativa sobre a estadía en Crema

O mércores pasado, a teacher María José Gil,  impartíu unha interesantísima charla ao profesorado sobre todo o aprendido durante a súa estadía de observación no Istituto de Instruzione Superiori Pietro Safra en Crema, Italia.


Foron cinco días intensos de observación e colaboración grazas aos que María José puido familiarizarse coas etapas educativas en Italia, os enfoque pedagógicos con máis presenza nas aulas, os instrumentos de avaliación e a xestión e coordinación dun centro integrado de ensino secundario
Ademais, compartíu con nós unha fascinante comparativa do sistema educativo español e da realidade docente e sociocultural de ambos centros, unha información valiosísima que sen dúbida terá un impacto a curto e longo prázo na nosa comunidade escolar.
Grazie, María José!