mércores, 27 de febreiro de 2019

3ª xornada en Dublín

María José Novo e Beatriz Temes seguen a manternos informados do seu día a día en Dublín! Hoxe mércores, María José participou nun proxecto para descubrir o patrimonio histórico de Irlanda ao tempo que mellora a súa competencia en inglés. Xa que logo, visitou o Museo Nacional de Irlanda e fixo unha presentación colaborativa dos tesouros que reflicten a historia deste país.









Pola súa parte, Bea visitou unha escola de educación superior e formación profesional en Dublín, o Inchicore College of Further Education and Training Board. Alí, ademáis de entrevistarse co profesorado e o alumnado puido comprobar como poñen en práctica a metodoloxía Aula Invertida ou Flipped Classroom.









Thanks a lot for sharing all this with us! Can't wait to hear about day 4!

Ningún comentario:

Publicar un comentario