martes, 1 de xuño de 2021

Visita de 4 profesores de Caxias, Portugal

Hoxe demos a benvida a Alexandra, Ana, José e Silvia, profesores da Escola Agrupada Sao Bruno de Caxias, Portugal, que están a facer unha visita de estudos no noso centro grazas ao seu proxecto Erasmus + “As claves do éxito na educación”.

A visita comezou cunha charla de benvida na que tratamos aspectos básicos da organización e do funcionamento do noso colexio, ao que lle seguíu un tour guiado polas dependencias. Ao longo da mañá tiveron a oportunidade de participar en varias actividades, que incluíron observación de aulas de primaria e ESO, unha sesión práctica no laboratorio de ciencias e un obradoiro sobre o uso das ferramentas dixitais no colexio. Grazas aos alumnos de 4º ESO-A e 3º ESO-A por amosarlles os vosos proxectos de investigación que levastes a cabo en historia!










E mesmo Ana deu unha charla sobre a cultura e tradicións do Portugal, muito obrigado, Ana!


Muito obrigado aos catro por teren escollido o noso colexio. Estamos encantados. Até amanhá!

Ningún comentario:

Publicar un comentario