mércores, 16 de maio de 2018

Entrevista a María José Gil sobre a súa estadía en Brighton, Reino Unido


María José Gil ven de compartir con nós a súa experiencia en Brighton, Reino Unido, logo de participar no IATEFL 2019 . Non deixes de ler esta entrevista. Grazas, María José!


Tipo de mobilidade: curso de formación
Institución de acollida: IATEFL
Duración: 4 días
Lugar: Brighton, Reino Unido

Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Participei no LII Congreso Internacional de IATEFL, a asociación internacional de profesores de inglés como lingua estranxeira, un encontro de 4 días de duración e con máis de 500 actividades a elixir onde profesores e investigadores intercambiamos información, experiencias e opinións acerca do ensino deo inglés. Participei activamente en conferencias plenarias, ponencias e obradoiros a través da toma de notas e fotografías para a súa posterior documentación, formulando preguntas e colaborando con outros participantes na realización de tarefas propostas nos obradoiros.

Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
Entre os contidos tratados ao longo do congreso, destacaría pola súa relevancia os seguintes: – O ensino de inglés para fins académicos e específicos – A avaliación e certificación de competencias – O fomento da autonomía na aprendizaxe – O teatro na aula de idiomas – A imaxe como recurso -Técnicas para mellorar a comprensión oral e escrita e a pronuncia – A importancia da motivación no ensino e na aprendizaxe Todos os contidos tratados resultáronme útiles. Os contidos das conferencias plenarias axudáronme a reflexionar acerca da miña realidade docente mentres que a miña participación nos obradoiros e ponencias foi tremendamente inspiradora.

Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
A miña participación neste evento foi una experiencia 100% positiva. Ademais de permitirme afondar nos achádegos máis recentes no eido do ensino e aprendizaxe de inglés como lingua estranxeira, foi una oportunidade única para coñecer a docentes e investigadores de diferentes punto do planeta e de intercambiar con eles información e opinións acerca da nosa profesión.

Como cres que podería mellorar?
O congreso foi exemplar no relativo á acollida, señalizacións, acceso e instalacións, temporalización e puntualidade, trato e actividades culturais. A selección de temas e o deseño do programa tamén foi impecable e incluso habilitaron unha aplicación informática para planificar o noso aproveitamento do evento. Por iso, máis que destacar aspectos a mellorar, gustaríame sinalar que a asistencia ao congreso foi una aprendizaxe en sí mesma no que se refire a organización de eventos.

Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
Creo que moitas das prácticas docentes que observei poden ser extrapolables ao noso día a día de forma doada e que conducirían a unha melloría nos catro ámbitos do proxecto: xestión, inclusión, innovación e internacionalización.

En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio

Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Animaríaos encarecidamente a participar neste tipo de modalidades xa que constitúen unha experiencia moi enriquecedora a nivel profesional e persoal. É unha oportunidade única de coñecer novos sistemas e novas formas de traballar, de dar a coñecer á escola de idiomas ao mundo e de reflexionar e buscar respostas conxuntas aos novos retos no ensino e aprendizaxe de linguas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario