Institución de acollida: Europass Teacher Academy
1. Podes describir brevemente en que consistiu a túa
mobilidade?
Curso sobre xestión de conflictos, intelixencia
emocional e prevención do bullying
2. Que tipo de actividades levaches a cabo durante a
mobilidade?
Exposición, talleres e dinámicas sobre os contidos
do curso
3. Que contidos foron os máis relevantes para a túa
práctica docente?
A introdución de aspectos de intelixencia emocional
na planificación de aula, nocións de psicoloxía positiva, comunicación non
violenta, técnicas de xestión de conflitos, identificación de situacións de
bullying
4. Cales foron os aspectos máis positivos da
experiencia?
Tomar conciencia da importancia da intelixencia
emocional no traballo con persoas en xeral e con nenos e adolescentes en
particular, así como da necesidade dunha maior formación nestes aspectos para o
profesorado. Ademais, o coñecementos de algunhas técnicas de psicoloxía positiva
e linguaxe non violenta que, considero, teñen gran potencial para a práctica
docente, así coma para a propia vida cotia
5. Como cres que podería mellorar?
Cunha maior duración do curso. Dada a complexidade dos
contidos que se abordan, necesitan dunha maior posta en práctica para ser
asimilados
6. Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na
túa práctica docente e no centro?
Na reunión co claustro de profesores tratarei de
transmitir as ideas principais do curso e, especialmente, concienciar sobre a
importancia de considerar os aspectos emocionais na planificación das leccións
e na xestión dos conflitos, que aplicarei tamén na miña práctica docente.
7. En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio
8. Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade
dentro dun proxecto Erasmus+?
Sí
9. Recomendarías esta experiencia a outros
profesores?
Por suposto
10. Que lles dirías a outros profesores que están pensando
solicitar unha mobilidade?
Que, na miña opinión, aínda que a planificación e
organización ou a propia posta en práctica das actividades da mobilidade poidan
preocupar por cuestións de tempo, inseguridade co idioma, etc., sempre son
experiencias enriquecedoras e merecen a pena
Ningún comentario:
Publicar un comentario