A mobilidade de Quico Rodriguez está a chegar a súa fin. Logo de 5 intensos días durante os que actualizou a sñua competencia en inglés mediante a aplicación dos enfoques por tarefas e proxectos grazas aos que colaborou con docentes europeos, Quico tivo a oportunidade de viaxar a Glendalough, o lugar sobre o que versa o seu proxecto.
Como xa sabedes grazas á mobilidade de Bea Temes e María José Novo o curso pasado, Glendalough (O val dos mil lagos) é un conxunto monasterial situado no Condado de Wicklow ao sur de Dublín. Foi creado no século VI por San Kevin e a maioría dos edificios foron completados entre os séculos VIII e XII, o que fixo de Glendalough un importante centro de peregrinaxe que honra a memoria do santo.
Agora Quico está a piques de voltar. Estamos desexando que nos contes máis en detalle a túa experiencia! Have a safe trip back home!
Ningún comentario:
Publicar un comentario