O alumnado de 1º da ESO ven de completar "PreHistorians", nun proxecto baseado na aprendizaxe por indigación na que descubriron o día a día dos nosos antepasados antes da invención da escritura. Esta actividade está enmarcada no proxecto Erasmus + K226 #DTICEQT (Digital Technology, Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching).
Tras unha primeira fase na que puxeron en orde os seus coñecementos sobre a Prehistoria, os alumnos traballaron en catro equipos sobre catro áreas diferentes da mesma (Paleolítico, Neolítico, Idade dos Metais e Megalitismo). Tras investigar sobre os principais achados de cada unha delas, puxéronse mans á obra e construiron diversos artefactos que ben puideron ser encontrados nun xacemento arqueolóxico!
 |
Mámoa |
 |
Venus de Willenforf |
 |
Cerámica cardial |
 |
Fouce de dentes pulidos |
 |
Torques |
 |
Puñal de antenas |
 |
Dolmen |
Tras defender diante dos compañeiros a súa rigurosidade histórica, cubriron unhas fichas arqueolóxicas para elaborar un catálogo dixital conxunto.
Noraboa rapaces!