xoves, 20 de xuño de 2024

Posta en común da mobilidade en Roma

 Onte tivo lugar unha posta en común Erasmus na que a nosa directora, Beatriz Temes, compartíu o aprendido nunha estadía de observación no IIS León Batista de Roma.













Durante a súa intervención, Beatriz Temes explicou as principais dinámicas educativas observadas no centro italiano, facendo especial fincapé na metodoloxía empregada no ensino técnico e na integración das novas tecnoloxías na aula. Destacou tamén a importancia que se lle dá ao traballo colaborativo entre docentes e á participación activa do alumnado no seu propio proceso de aprendizaxe.

A directora amosou exemplos concretos de boas prácticas que poderían adaptarse ao noso centro, como os proxectos interdisciplinares que conectan distintas materias a través de temas comúns, ou o uso de espazos educativos flexibles que fomentan a creatividade e a autonomía do estudantado.

O encontro concluíu cun enriquecedor intercambio de impresións entre o profesorado participante, que valorou moi positivamente esta oportunidade para coñecer outras realidades educativas europeas e reflexionar sobre posibles melloras no noso contexto.

Esta posta en común forma parte do noso compromiso coa internacionalización e coa mellora continua da calidade educativa, e foi unha mostra máis do impacto positivo que o programa Erasmus+ ten na nosa comunidade escolar.

martes, 4 de xuño de 2024

Charla sobre a mobilidade do alumnado en Roma

 O alumnado participante na mobilidade Erasmus no IIS Leon Batista en Roma fixo unha estupenda exposición para @s seus/súas compañeir@s sobre as actividades realizadas, os lugares visitados e o aprendido durante a estadía.















Grazas e parabéns!

sábado, 25 de maio de 2024

Días 4 e 5 de estadía de observación en Peniche, Portugal

 Quico Rodríguez, titor de 3 de primaria, comparte connosco a súa experiencia nos días 4 e 5 de estadía de observación no Agrupamento de Escolas Luis de Ataide de Peniche, Portugal.

Nestas últimas xornadas o foco estivo no ensino da morfoloxía de xeito lúdico e no ensino inclusivo da Educación Física con estratexias e técnicas que responden as condicións físicas de todo o alumnado a través de actividades plenamente integradas no entorno. 













mércores, 22 de maio de 2024

Día 3 da estadía de observación en Peniche

 O noso titor de 3 de primaria, Quico Rguez, comparte a súa experiencia no día 3 de estadía de observación no Agrupamento de Escolas Dom Luís de Ataíde de Peniche, Portugal. Ao longo desta xornada, Quico tivo a oportunidade de observar como poñen en prácticas pautas, ferramentas e estratexias de inclusión que permiten axudar a todo o alumnado a minimizar dificultades de aprendizaxe.

Obrigado, Quico!









martes, 21 de maio de 2024

Estadía de observación en Peniche, Portugal

 O noso titor de 3 de primaria, Quico Rguez, comparte a súa experiencia nos primeiros días de estadía de observación no Agrupamento de Escolas Dom Luís de Ataíde de Peniche, Portugal. Logo dunha cálida acollida por parte do equipo directivo, tivo a oportunidade de visitar as dependencias do centro e de observar as diferentes actividades para celebrar o Día do Mar.

Obrigado, Quico!











venres, 10 de maio de 2024

Día 4 da estadía de observación en Roma

 A nosa directora, Beatriz Temes, comparte connosco varias imaxes do último día da estadía de observación no IIS León Batista de Roma durante o que observou unha clase de química, unha sesión informativa sobre orientación profesional e académica e entrevistas co alumnado. 

Buon viaggio, Bea!