xoves, 20 de xuño de 2024

Posta en común da mobilidade en Roma

 Onte tivo lugar unha posta en común Erasmus na que a nosa directora, Beatriz Temes, compartíu o aprendido nunha estadía de observación no IIS León Batista de Roma.













Durante a súa intervención, Beatriz Temes explicou as principais dinámicas educativas observadas no centro italiano, facendo especial fincapé na metodoloxía empregada no ensino técnico e na integración das novas tecnoloxías na aula. Destacou tamén a importancia que se lle dá ao traballo colaborativo entre docentes e á participación activa do alumnado no seu propio proceso de aprendizaxe.

A directora amosou exemplos concretos de boas prácticas que poderían adaptarse ao noso centro, como os proxectos interdisciplinares que conectan distintas materias a través de temas comúns, ou o uso de espazos educativos flexibles que fomentan a creatividade e a autonomía do estudantado.

O encontro concluíu cun enriquecedor intercambio de impresións entre o profesorado participante, que valorou moi positivamente esta oportunidade para coñecer outras realidades educativas europeas e reflexionar sobre posibles melloras no noso contexto.

Esta posta en común forma parte do noso compromiso coa internacionalización e coa mellora continua da calidade educativa, e foi unha mostra máis do impacto positivo que o programa Erasmus+ ten na nosa comunidade escolar.

martes, 4 de xuño de 2024

Charla sobre a mobilidade do alumnado en Roma

 O alumnado participante na mobilidade Erasmus no IIS Leon Batista en Roma fixo unha estupenda exposición para @s seus/súas compañeir@s sobre as actividades realizadas, os lugares visitados e o aprendido durante a estadía.















Grazas e parabéns!