xoves, 27 de febreiro de 2025

Visita Erasmus dunha profesora de Italia Parte III

 Nova xornada da estadía de observación de Susana Novoa, profesora do Liceo Lingüístico A. Manzoni de Varese, Italia e de estadía de observación Erasmus.

Visitou a aula de 5 anos para coñecer de primeira man o desenvolvemento do Proxecto LOVA, a ópera como vehículo de aprendizaxe. 






Acompañada por Beatriz Temes, a nosa directora, foi ao edificio politécnico no campus de Ourense da U. Vigo puido coñecer ao vicereitor,  Francisco Javier Rodríguez Rajo, e á directora da Escola  de enxeñería aeronáutica e do espacio,Nieves Lorenzo.

Grazas pola acollida!








mércores, 26 de febreiro de 2025

Visita Erasmus dunha profesora de Italia Parte II

 Velaquí novas imaxes da estadía de observación Erasmus de Susana Novoa, profesora do Liceo Lingüístico A. Manzoni de Varese, Italia.

Ademais de observar aulas de diferentes materials e niveis, Susana asistíu a un obradoiro para preparar unha actividade incluida no XII Festival do Libro, entrevistouse con Chus Corral, coordinadora da biblioteca, para familiarizarse coa xestión e funciomamento da mesmo e participou no intercambio interxeracional de Afundación.












domingo, 23 de febreiro de 2025

Visita de observación dunha profesora de Italia

 Velaquí varias imaxes do primeiro día de estadía de observación Erasmus de Susana Novoa, profesora do Liceo Lingüístico A. Manzoni de Varese, Italia.

Ao longo de 7 días, Susana observará aulas e participará en reunións para intercambiar boas prácticas e establecer futuras vías de colaboración co seu centro.

Benvenuta!