venres, 4 de abril de 2025

Estadía de observación en Barreiro, Portugal. Día 5

 Quinta e última xornada da estadía Erasmus de Isabel Cachaldora, a nosa especialista en pedagoxía terapéutica, e Diego Iglesias, o noso coordinador TIC, na Escola de Ensino Secundario de Santo André. 



Compartiron momentos inesquecibles e coñeceron novas metodoloxías, enfoques e culturas no ámbito educativo. Foi unha oportunidade única para meditar, aprender e crecer tanto a nivel profesional como persoal.

Este tipo de experiencias son fundamentais para ampliar horizontes, reforzar o noso desenvolvemento profesional e fortalecer vínculos entre diferentes culturas. Grazas a todos os que fixeron posible que vivirán este momento tan motivador e enriquecedor. 

Estadía de observación en Barreiro, Portugal. Día 4

 Cuarta xornada da estadía Erasmus de Isabel Cachaldora, a nosa especialista en pedagoxía terapéutica, e Diego Iglesias, o noso coordinador TIC, na Escola de Ensino Secundario de Santo André. 

Hoxe voltaron ás aulas e atoraron ao alumnado en plena acción! Na aula LED, asistiron a unha sesión con Photopea, onde o alumnado, da man do profesor Pedro Gonçalves, estaba creando GIFs animados. Unha experiencia moi dinámica e divertida!







Na aula de debuxo, viron aos estudantes traballando nos seus deseños para un concurso relacionado co Pop Art e elementos cotiás. Ademais, tiveron a oportunidade de falar cos profesores da materia, que nos presentaron un proxecto fascinante: @oqueterala. A súa repercusión inesperada nas redes sociais foi toda unha sorpresa! 

Unha xornada chea de aprendizaxe, arte e innovación! 

xoves, 3 de abril de 2025

Estadía de observación en Barreiro, Portugal. Día 3

 Terceira xornada da estadía Erasmus de Isabel Cachaldora, a nosa especialista en pedagoxía terapéutica, e Diego Iglesias, o noso coordinador TIC, na Escola de Ensino Secundario de Santo André. 










Visitaron a escola básica de Telha Nova, onde está escolarizado o alumnado de Educación Infantil e os primeiros cursos de Primaria. Xunto a eles, conmemoraron o autismo cunha actividade no exterior organizada polo profesorado da unidade de educación especial do centro. 

Ademais, visitaron a aula de informática, onde o alumnado de cuarto ano estaba a realizar unha actividade de programación.

martes, 1 de abril de 2025

Estadía de observación en Barreiro, Portugal. Día 2

 Segunda xornada da estadía Erasmus de Isabel Cachaldora, a nosa especialista en pedagoxía terapéutica, e Diego Iglesias, o noso coordinador TIC, na Escola de Ensino Secundario de Santo André. 


Asistiron a unha representación de teatro de sombras na Escola Básica Quinta da Lomba. A obra, realizada polo alumnado de Educación Especial, contou coa participación de toda a comunidade educativa: outros alumnos dos centros do agrupamento de Santo André, familias, profesores… Un gran traballo inclusivo da man de Luís Cunha.




Ademais, tiveron a oportunidade de coñecer a Unidade de Educación Especial, onde fixemos galletas cos alumnos da aula. Tamén nos ensinaron o seu horto e visitamos outras estancias do colexio. Na aula ordinaria, observaron como distribúen as mesas para fomentar a aprendizaxe cooperativa, creando un ambiente máis participativo e dinámico.


Seguimos atent@s!