xoves, 24 de xaneiro de 2019

Entrevista a Beatriz Nieto sobre a súa estadía en Florencia

Beatriz Nieto ven de compartir con nós a súa experiencia en Florencia, Italia, logo de participar nun curso sobre inclusión educativa. Non deixes de ler esta entrevista. Grazie, Bea!


Tipo de mobilidade: curso de formación
Institución de acollida: Europass
Duración: 6 días
Lugar:

Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Curso de formación para atender a alumnos con necesidades educativas especiais.

Que tipo de actividades levaches a cabo durante a mobilidade?
Xornadas de formación en diversos problemas e trastornos que o alumnado pode presentar en relación á aprendizaxe ou que interfira coa mesma. Tamén houbo seminarios e obradoiros prácticos durante os que os participantes intercambiamos experiencias e aplicamos o aprendido durante as xornadas.

Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
Todos os contidos do curso parécenme de vital importancia para o desenvolvemento da práctica docente. Detectar a problemática que pode padecer o noso alumnado e coñecer novas formas de tratala  é fundamental para acadar o éxito no proceso de ensino e aprendizaxe.

Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
Os contidos e habilidades adquiridas, posto que na formación inicial do profesorado de Educación Secundaria non se afonda apenas neste senso. Foi moi enriquecedor descubrir como se atende a esta problemática en distintos países e como tamén a problemática en sí varía de país a país.

Como cres que podería mellorar?
Creo que a organización do curso e os contidos e actividades incluídas foron impecables.

Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
Creo que nos axudará a identificar problemas na aprendizaxe dos nosos alumnos e, o máis importante, a proporcionarlles solucións adecuadas para cada caso.

En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio

Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?


Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Que participar nunha mobilidade Erasmus, tanto en cursos de formación como en estancias de observación, brinda unha oportunidade incríble para adquirir novos coñecementos e habilidades, para mellorar e crecer profesionalmente, para achegarse a outros sistemas educativos da man de anfitrións e/ou compañeiros e para incrementar a nosa rede de contactos profesional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario