mércores, 9 de xaneiro de 2019

Charla sobre a estadía en Leeds aos alumnos de 4º da ESO

Logo da súa estadía en Leeds para completar un curso sobre metodoloxía AICLE, Diego Iglesias impartíu unha charla aos alumnos de 4º ESO-B que, como recordaredes foron os encargados de facer un mini proxecto sobre esta cidade inglesa.




Ademais de explicar os beneficios de aprender idiomas ao tempo que se aprenden contidos, Diego faloulles de Leeds como unha cidade un tanto descoñecida fóra de Reino Unido a pesares de ser un centro universitario moi dinámico e ter sido considerada este ano a Capital Británica da Arte Urbá. Velaquí varias fotos de Diego que explican tal nomeamento.






Fai clic aquí para saber máis sobre Leeds.
Thanks a million, Diego!

Ningún comentario:

Publicar un comentario