luns, 7 de xaneiro de 2019

Entrevista a Diego Iglesias sobre a súa estadía en Leeds

Diego Iglesias ven de compartir con nós a súa experiencia en Leeds, Reino Unido, logo de participar nun curso sobre a metodoloxía AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos e Linguas Estranxeiras) Non deixes de ler esta entrevista. Grazas, Diego!



Tipo de mobilidade: curso de formación
Institución de acollida: English Matters
Duración: 5 días
Lugar: Leeds, Reino Unido

Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Un curso de metodoloxía CLIL para a ensinanza simultánea de contidos e idioma.

Que tipo de actividades levaches a cabo durante a mobilidade?
Clases expositivas e de actividades e dinámicas para traballar os diferentes contidos do curso, ademais de visitas a museos e outros lugares da cidade como traballo programado para recabar aspectos culturais locais cos que crear materiais para os alumnos.

Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
Penso que os máis útiles, unha vez establecido en qué consistía verdadeiramente a metodoloxía CLIL, foron as fontes de materiais e as técnicas para adaptalas ó nivel lingüístico do alumnado, así como os métodos de traballo cooperativo que nos ensinaron.

Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
O curso en sí mesmo foi unha experiencia positiva, tanto polo contido como pola súa organización rigorosa e coherente. Ademais permitiume coñecer a un grupo de colegas de diferentes países cos que poder colaborar e dos que poder aprender, así como poñer en práctica as miñas destrezas comunicativas.

Como cres que podería mellorar?
Podendo interactuar con alumnos e/ou idealmente podendo levar a alumnos do centro a experimentar por sí mesmos a práctica desta metodoloxía e coñecer os aspectos culturais que tamén son obxectivo esencial das mobilidades.

Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
Ademais de darme as ferramentas para saber como implementar esta metodoloxía, chegado o caso, penso que a súa difusión entre o profesorado podería ser unha vía para poder impartir máis materias incluíndo a ensinanza dunha lingua estranxeira. Por outra parte, deume ideas de métodos de elaboración de materiais e de técnicas de aprendizaxe colaborativa que podería empregar mesmo na lingua materna. E as redes de contactos entre profesores que creamos poden permitir nun futuro próximo a realización de proxectos en colaboración con outros centros que positivos para o noso.

En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio

Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?

Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Que saquen o maior proveito da experiencia e non teñan medo ao descoñecido, pensando en todo momento no que vai ser de interQue saquen o maior proveito da experiencia e non teñan medo ao descoñecido, pensando en todo momento no que vai ser de interese para a súa práctica cando volvan cos seus alumnosese para a súa práctica cando volvan cos seus alumnos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario