O alumnado de 1º da ESO ven de completar "Dreamcatchers" unha nova actividade STEM no marco do proxecto Erasmus K226 #DTICEQT (Digital Technology, Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching).
Como primeiro paso, activaron a súa creatividade ao escribir mensaxes inspiradoras en inglés polo Día da Paz que captan os seus desexos dun mundo máis xusto.
Seguidamente, na aula de tecnoloxía, manexaron a impresora 3D para convertir as súas mensaxes en "atrapasoños" ou "dreamcatchers".
Velaquí o resultado:
Ningún comentario:
Publicar un comentario