Eva Pousa, secretaria e profesora de inglés no colexio, viaxará
o próximo 8 de outubro á cidade británica de Southampton para participar nun
evento formativo dirixido a membros de equipos directivos de centros educativos
de toda Europa.
Ao longo de 8 días, Eva terá a oportunidade de visitar escolas
de primaria, secundaria e formación profesional da cidade nas que observará
clases reais para analizar a súa enfoque pedagógico e importar boas prácticas
docentes. Ademais, entrevistarase con profesores de cada centro para
intercambiar información sobre a realidade educativa e sociocultural en Reino
Unido e no noso país e para sentar as bases de futuros proxectos de
colaboración.
O evento tamén inclúe entrevistas con inspectores de educación e
asesores de formación do profesorado grazas ás que Eva poderá ampliar o seu coñecemento
da xestión e a calidade nos centros educativos ingleses. Esta mobilidade xa está
tendo un impacto moi positivo no centro xa que os alumnos de 1º da ESO, supervisados por Sara Perea, elaboraron un dossier en inglés con información útil sobre Southampton e
entregáronllo a Eva para facilitar a súa estadía nos próximos días. Estes
alumnos, e a comunidade escolar en xeral, beneficiaranse a moi curto prazo
desta mobilidade xa que no mes de novembro están programados dous seminarios nos
que Eva difundirá o aprendido no evento, os retos asumibles e
tamén información acerca da cultura e tradicións desta cidade ao sur de
Inglaterra que viu partir ao Titanic.
Boa viaxe Eva!
Boa viaxe Eva!
Ningún comentario:
Publicar un comentario