Eva Pousa ven de completar o 3º día de estadía en Southampton, unha xornada intensa na que tivo a oportunidade de asistir a un seminario de Ralph Batten, asesor da OFSTED (Office for Standards in Education, Children’s Services and Skills) acerca do sistema de avaliación en Reino Unido e participar nun interesante obradoiro de novas tecnoloxías. Adiántanos o descubrimento de Quivervision, unha aplicación de realidade aumentada moi útil para ciencias naturais e bioloxía!!
Velaquí o Padlet resultado do obradoiro de TICs.
Thanks Eva for the update!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario