Agora que se achega o Nadal, os alumnos de 2º e 4º da ESO, supervisados por Eva Pousa e Beatriz Nieto, as súas profesoras de inglés e de historia, veñen de participar nun intercambio de postais de Nadal en inglés con estudantes de Croacia, Grecia, Romanía, Turquía e Ucrania. Velaquí as tarxetas antes de ser enviadas!
Xa recibimos unha de Grecia e agardamos con ilusión recibir máis do resto de países.
Congratulations on your great job!
Para saber máis, visita o blog do proxecto Postcrossing!
Ningún comentario:
Publicar un comentario