Velaquí varias imaxes da exposición dos traballos sobre mitoloxía grega do alumnado de 1º da ESO, enmarcados no proxecto #DTICEQT a través dos que afondaron sobre esta materia ao tempo que puxeron en práctica o seu potencial creativo. Parabéns, rapaces! Podedes ver a expo no vestíbulo.
Blog dos proxectos Erasmus + que se levan a cabo no colexio.
Páxinas
- Inicio
- Benvida
- O noso centro
- O noso proxecto 2017-18
- O noso proxecto 2018-20
- Proxecto DTICEQT 2021-23
- Proxecto IDEFFO 2021-23
- Skills4Inclusion 2022-24
- Southampton
- Turín
- Londres
- Brunswick
- Brighton
- Helsinki
- Karlshamn
- Florencia
- Vizela
- Leeds
- Dublín
- Crema
- Barcelos
- Atenas
- Praga
- París
- Oeiras
- Roma
- PDE
- Entrevistas
- Mini proxectos dos alumnos
- Nos visitan
- Difusión
- Contacto
xoves, 16 de xuño de 2022
xoves, 19 de maio de 2022
Nova actividade #DTICEQT: Escape Room para repasar a mitoloxía grega
Encántanos este escape room no que participou o alumnado de 1º da ESO como parte do proxecto Erasmus + #DTICEQT, unha forma lúdica de achegarse á mitoloxía clásica ao tempo que se activan competencias dixitais e estratéxicas. Parabéns, rapaces!
Queres xogar? Fai clic na imaxe!
luns, 9 de maio de 2022
Nova actividade #DTICEQT: a Arte Románica e a Arte Gótica
O alumnado de 3º da ESO ven de completar unha actividade enmarcada no proxecto Erasmus + K226 #DTICEQT cuxo resultado é este lapbook sobre os rasgos que nos permiten diferenciar a arte románica da da arte gótica. Podédelo consultar na biblioteca da planta baixa. Velaquí un vídeo que recolle o proceso:
Parabéns, rapaces!
xoves, 5 de maio de 2022
Job shadowing Atenas: Día 3 e último
Beatriz Nieto e María José Gil viaxaron hoxe a Nea Palatia, unha cidade costeira a 100km de Atenas, acompañadas de Rosa, asesora do CFR de Ourense, e dunha inspectora de educación grega para visitar 3 centros educativos: 2 de secundaria e 1 de primaria.
Ao longo da observación, puideron comprobar porque estes 3 centros son referencia de innovación e inclusión e descubrir que o enfoque metodolóxico é moi similar ao noso. Aprenderon tamén sobre a xestión de recursos humanos e materiais e comparten todas estas imaxes connosco:
Grazas ás dúas! Boa viaxe de volta!!
mércores, 4 de maio de 2022
Job shadowing Atenas: Día 2
Velaquí varias imaxes da 2º xornada de estadía de observación de Beatriz Nieto e María José Gil en Atenas. Además de asistir e participar activamente en varias aulas, tiveron a oportunidade de entrevisarse con profesorado do centro para coñecer medidas concretas de atención á diversidade lingüística e cultural presente no seu centro.
martes, 3 de maio de 2022
Job shadowing en Atenas: Día 1
Beatriz Nieto e María José Gil comparten con nós varias imaxes da súa primeira xornada en Atenas, na que visitaron un centro de primaria e secundaria e tiveron a oportunidade de coñecer ao equipo directivo, observar sesións de historia e de linguas e aprender sobre o sistema educativo grego.
Tamén visitaron o museo arqueolóxico da cidade, que alberga xoiais como as que vedes nas imaxes.
Grazas, Bea e María! Seguimos atent@s!