Durante os últimos días, Beatriz Temes, a Nosa directora, participou nunha posta en común dos deseños creados utilizando as ferramentas tratadas ao longo das sesións formativas, o que permitiu que todos os participantes compartiran as súas ideas e experiencias. Ademais, foi un espazo para o intercambio de boas prácticas xa existentes nos centros educativos de orixe, enriquecendo así as metodoloxías de ensino.
Outro dos puntos destacados foi a posibilidade de ampliar a rede profesional de aprendizaxe, establecendo contactos e colaboraciones con profesionais de diversos países.
Para pechar esta enriquecedora experiencia, no día 5 tivo lugar a entrega de diplomas que acreditan a participación no curso, ademais dunha emotiva despedida entre os participantes. Unha experiencia que, sen dúbida, continuará influíndo na mellora do noso centro educativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario