Este martes vivimos unha xornada chea de aprendizaxes, diversión e descubrimentos culturais no marco do proxecto Erasmus, coa participación de 10 alumnos e 4 profesores do Agrupamento de Escolas D. Luís Ataíde de Peniche, Portugal.
A xornada comezou cunha sesión de introdución ao Español, onde os estudantes portugueses tiveron o seu primeiro contacto coa lingua, aprendendo frases básicas, expresións útiles e incluso algunhas curiosidades lingüísticas que lles permitirán comunicarse durante a súa estancia e comprender mellor a cultura local.
A continuación, puxemos en marcha unha emocionante caza do tesouro polos lugares máis emblemáticos de Ourense. Divididos en pequenos grupos, os participantes percorreron a cidade resolvendo pistas e retos que os levaron a descubrir espazos como a Praza Maior, as Burgas ou a Ponte Romana. Esta actividade non só serviu para coñecer o patrimonio ourensán, senón tamén para fomentar o traballo en equipo e a interacción cos compañeiros galegos.
Para rematar o día, disfrutamos dunha animada sesión de educación física, onde o deporte e o movemento foron os protagonistas. Esta actividade axudou a reforzar os vínculos entre os estudantes e proporcionou un espazo de relaxación e entretemento despois dunha xornada intensa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario