luns, 2 de xuño de 2025

Día 1 da visita Erasmus desde Portugal!

 Hoxe tivemos o pracer de recibir no noso centro a 10 alumnos e 4 profesores do Agrupamento de Escolas D. Luís Ataíde de Peniche no marco do proxecto Erasmus+. Un día cheo de aprendizaxes, intercambio cultural e boa compañía!










Comezamos a mañá cunha acollida oficial no centro, onde o noso alumnado e equipo directivo lles presentaron o colexio e falaron sobre os lugares máis emblemáticos da nosa cidade, Ourense.

Continuamos cunha sesión sobre ferramentas dixitais e Educaplay na aula de informática, onde todos puideron explorar recursos educativos innovadores.

Tivemos tamén unha interesante charla sobre as similitudes culturais entre Galicia e Portugal, descubrindo cantas cousas compartimos!

Pola tarde, practicamos inglés falado nunha sesión dinámica e divertida.

E para rematar, desfrutamos dun picnic ao aire libre no parque do Barbaña, compartindo risas, comida e bos momentos.

Un día inesquecible para todos! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario