sábado, 31 de maio de 2025

Participación no Encontro Internacional Erasmus+ Ourense 2025

 A nosa directora e a nosa xefa de estudos participaron recentemente no Encontro Internacional Erasmus+ Ourense 2025, que tivo lugar no Centro de Formación e Recursos (CFR) de Ourense. Este evento reuniu a profesionais da educación de diferentes puntos para afondar no coñecemento e mellora da xestión dos proxectos Erasmus+.




Durante o encontro, Bea Nieto impartiu varios obradoiros moi enriquecedores nos que explicou con detalle como utilizar a plataforma do Módulo do Beneficiario, unha ferramenta esencial para a correcta xestión administrativa e económica dos proxectos Erasmus. Esta formación resultou moi útil para as nosas representantes, que puideron resolver dúbidas prácticas e coñecer as últimas actualizacións da plataforma.

Ademais, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man exemplos de boas prácticas Erasmus desenvolvidas en centros educativos de Ourense, o que lles permitiu recoller ideas inspiradoras que poderemos aplicar nos nosos propios proxectos de internacionalización.

Ningún comentario:

Publicar un comentario