xoves, 8 de maio de 2025

Día 3 da estadía de observación en Nicolosi

Terceira xornada xornada da estadía de observación Erasmus + de 5 días de María José Novo e María José Gil, profesoras de infantil/música e de inglés/francés na ESO, no Istituto Comprensivo Card G. B. Gusmet en Nicolosi.

Pola mañá, visitaron dous centros de Primaria, percorrendo as instalacións e observando dúas clases: música e inglés. Tamén lles presentaron o proxecto da Horta escolar, unha iniciativa que promove hábitos mói saudables entre o alumnado. 

Pola tarde, foron ver o ensaio do coro e interpretaron varias cancións sicilianas así como o himno de Nicolossi.

Despois foron visitar algúns dos cráteres do Etna coa coordinadora Erasmus e outra profesora. Unha paisaxe espectacular!
















Ningún comentario:

Publicar un comentario