O segundo día da mobilidade do alumnado de 4º da ESO no Agrupamento de Escolas Don Luís de Ataíde comezou cunha visita guiada polos edificios do colexio e o ximnasio, onde puideron coñecer os espazos que compartirán durante a semana.
Na biblioteca participaron nunha actividade conmemorativa do centenario de Camões e no proxecto Bookmask, no que presentaron libros agochados en papel mediante pistas, promovendo así o interese pola lectura.
Tamén tiveron a oportunidade de preparar un caldo verde, unha actividade culinaria divertida e moi sabrosa que lles permitiu achegarse á cultura gastronómica portuguesa.
Ao longo do día realizaron unha práctica de matemáticas dixitais, asistiron a unha clase de Ciencias Naturais e escoitaron unha charla informativa de Europe Direct sobre as oportunidades que ofrece o programa Erasmus+.
Visitaron novamente a biblioteca e fixeron tres presentacións: unha sobre Galicia e a súa cultura, outra sobre Ourense, e unha terceira sobre o seu colexio.
A xornada rematou cun paseo por Peniche, disfrutando da paisaxe e coñecendo mellor a vila que os acolle nesta enriquecedora experiencia internacional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario