xoves, 16 de outubro de 2025

Celebramos os Erasmus Days

 Del 14 al 16 de octubre se celebran los #ErasmusDays, una iniciativa europea para dar visibilidad a los proyectos e intercambios educativos que se desarrollan en el marco del programa Erasmus+.





En nuestro centro, nos hemos sumado a esta celebración con una actividad muy especial: una charla formativa para el profesorado impartida por nuestra compañera María José Gil, quien compartió su experiencia y conocimientos sobre este programa europeo, así como los proyectos en los que participa actualmente nuestro cole. 🌍✨

Durante la sesión, se abordaron temas como:

✅ Qué es Erasmus+ y cómo funciona
✅ Las oportunidades que ofrece para docentes y alumnado
✅ Las experiencias internacionales ya realizadas por nuestro centro
✅ Cómo participar en futuros proyectos

Fue una jornada enriquecedora que despertó mucho interés entre el profesorado y nos motivó a seguir apostando por una educación abierta al mundo, basada en el intercambio, la cooperación y el aprendizaje compartido.

Desde aquí, agradecemos a María José su implicación y entusiasmo, y a todo el equipo docente por su participación activa. 💙

¡Seguimos creciendo juntos gracias a Erasmus+! 🇪🇺📚✈️

venres, 13 de xuño de 2025

Días 4 e 5 da mobilidade en Split, Croacia

 Durante os últimos días, Beatriz Temes, a Nosa directora, participou nunha posta en común dos deseños creados utilizando as ferramentas tratadas ao longo das sesións formativas, o que permitiu que todos os participantes compartiran as súas ideas e experiencias. Ademais, foi un espazo para o intercambio de boas prácticas xa existentes nos centros educativos de orixe, enriquecendo así as metodoloxías de ensino.







Outro dos puntos destacados foi a posibilidade de ampliar a rede profesional de aprendizaxe, establecendo contactos e colaboraciones con profesionais de diversos países.

Para pechar esta enriquecedora experiencia, no día 5 tivo lugar a entrega de diplomas que acreditan a participación no curso, ademais dunha emotiva despedida entre os participantes. Unha experiencia que, sen dúbida, continuará influíndo na mellora do noso centro educativo.

mércores, 11 de xuño de 2025

Día 3 da mobilidade en Split, Croacia

 A nosa directora, Beatriz Temes, continúa a súa enriquecedora experiencia formativa en Split (Croacia), no marco do programa Erasmus+ centrado no desenvolvemento das competencias dixitais. Neste terceiro día, o curso ofreceu unha combinación especialmente inspiradora de innovación tecnolóxica e metodoloxía pedagóxica activa.






🧠 Obradoiro de ferramentas de intelixencia artificial para o deseño de secuencias de aprendizaxe
Durante a sesión da mañá, as persoas participantes puideron coñecer e experimentar con diferentes ferramentas baseadas en intelixencia artificial que facilitan o deseño e planificación de actividades educativas. Exploráronse recursos que permiten personalizar as aprendizaxes, automatizar tarefas rutineiras e crear contidos adaptados aos intereses e niveis do alumnado. Sen dúbida, unha oportunidade para repensar a práctica docente á luz das novas tecnoloxías.

🤝 Dinámicas de grupo para aplicar o aprendido
Pola tarde, a aprendizaxe trasladouse ao ámbito práctico a través de dinámicas colaborativas nas que se puxeron en común ideas e se deseñaron propostas didácticas concretas empregando as ferramentas vistas previamente. O traballo en equipo, a creatividade e a reflexión pedagóxica foron os eixos principais desta parte do día.

Esta xornada supón un paso máis cara a transformación dixital dos centros educativos e reflicte o compromiso do noso equipo directivo coa innovación e a calidade educativa.

martes, 10 de xuño de 2025

Día 2 da mobilidade en Split, Croacia

 Neste segundo día da súa estadía, a Nosa directora, Beatriz Temes, está a participar activamente nun curso intensivo centrado na mellora das competencias dixitais, un eido crucial para a innovación educativa.







A xornada de hoxe estivo dedicada a dous obxectivos primordiais para a dinamización da práctica docente:

  • Obradoiro práctico de ferramentas dixitais interactivas para dinamizar aulas: Este módulo proporcionou unha exploración profunda de diversas ferramentas tecnolóxicas deseñadas para fomentar a participación activa do alumnado e enriquecer o proceso de aprendizaxe. A implementación destas ferramentas busca potenciar un ambiente de aula máis interactivo e dinámico.
  • Creación de vídeos, carteis e sesións de aula: A formación incluíu o desenvolvemento de habilidades para a produción de contido multimedia, abarcando a edición de vídeos educativos, o deseño de carteis informativos e a estruturación de sesións de aula que integren eficazmente estes recursos visuais.

Grazas polo update, Bea!

luns, 9 de xuño de 2025

Día 1 de mobilidade en Split, Croacia

 A nosa directora, Beatriz Temes, atópase estes días na fermosa cidade de Split (Croacia)participando nunha mobilidade Erasmus+ de 5 días de duración. Alí está a realizar un curso intensivo de 6 días sobre competencia dixital, xunto con profesionais do ensino procedentes de Irlanda, Lituania e Polonia. Esta experiencia internacional non só é unha oportunidade para mellorar as competencias tecnolóxicas, senón tamén para compartir visións, metodoloxías e boas prácticas co profesorado doutros países europeos.






🗓️ Día 1: Un comezo prometedor

O primeiro día comezou cunha introdución ao curso, onde se presentaron os contidos que se abordarán ao longo da semana, todos relacionados co uso eficaz das ferramentas dixitais na educación. A formación promete ser moi útil para aplicar no noso centro estratexias máis innovadoras no uso das TIC.

Despois, Beatriz presentou o noso colexio aos demais participantes, destacando os nosos proxectos educativos, o compromiso coa innovación e a importancia que lle damos á formación continua do profesorado. Foi unha ocasión perfecta para dar a coñecer o noso traballo a nivel internacional.

Houbo tamén un tempo para o intercambio de experiencias entre os distintos docentes, o cal resultou moi enriquecedor. Cada grupo compartiu os seus retos e logros en materia dixital, abrindo camiños para futuras colaboracións entre centros europeos.

O día rematou cunha visita guiada á cidade de Split, onde os participantes puideron coñecer o seu patrimonio histórico e cultural, incluído o impresionante Palacio de Diocleciano, un dos monumentos romanos mellor conservados do mundo.

Sen dúbida, foi un primeiro día intenso, cheo de aprendizaxe e novas conexións. Seguiremos informando do resto da semana!Si 

mércores, 4 de xuño de 2025

Último día da visita Erasmus desde Peniche, Portugal

 O noso último día de intercambio Erasmus con estudantes e docentes de Peniche (Portugal) estivo cargado de aprendizaxes, emocións e momentos para lembrar.













A xornada comezou cun obradoiro moi especial no espazo Polos Creativos, onde o alumnado visitante puido mergullarse nun mundo cheo de innovación. Desde construcións con pezas modulares, pasando por experiencias de robótica e programación, ata realidade virtual, electrónica e mesmo unha demostración do uso da cortadora láser, o obradoiro foi unha mostra do potencial creativo e tecnolóxico do noso centro. Un espazo para explorar, experimentar e, sobre todo, crear.

Despois desta intensa sesión de aprendizaxe, realizamos unha visita guiada á biblioteca escolar, onde o noso alumnado fixo de anfitrión e mostrou os diferentes recunchos e recursos do centro. A biblioteca converteuse nun punto de encontro para compartir lecturas, proxectos e ideas entre culturas.

A continuación, dirixímonos ao Concello para unha recepción oficial, onde as autoridades locais deron a benvida ao grupo portugués e agradeceron esta iniciativa de cooperación europea que reforza os lazos entre comunidades educativas.

Como broche final, entregáronse os diplomas de participación nun acto cheo de emocións, palabras de agradecemento e despedidas agarimosas. Non faltaron os abrazos, os intercambios de contactos e o desexo común de que esta non sexa a última vez que compartimos camiño.

martes, 3 de xuño de 2025

Día 2 da visita Erasmus desde Portugal

 Este martes vivimos unha xornada chea de aprendizaxes, diversión e descubrimentos culturais no marco do proxecto Erasmus, coa participación de 10 alumnos e 4 profesores do Agrupamento de Escolas D. Luís Ataíde de Peniche, Portugal.





A xornada comezou cunha sesión de introdución ao Español, onde os estudantes portugueses tiveron o seu primeiro contacto coa lingua, aprendendo frases básicas, expresións útiles e incluso algunhas curiosidades lingüísticas que lles permitirán comunicarse durante a súa estancia e comprender mellor a cultura local.

A continuación, puxemos en marcha unha emocionante caza do tesouro polos lugares máis emblemáticos de Ourense. Divididos en pequenos grupos, os participantes percorreron a cidade resolvendo pistas e retos que os levaron a descubrir espazos como a Praza Maior, as Burgas ou a Ponte Romana. Esta actividade non só serviu para coñecer o patrimonio ourensán, senón tamén para fomentar o traballo en equipo e a interacción cos compañeiros galegos.

Para rematar o día, disfrutamos dunha animada sesión de educación física, onde o deporte e o movemento foron os protagonistas. Esta actividade axudou a reforzar os vínculos entre os estudantes e proporcionou un espazo de relaxación e entretemento despois dunha xornada intensa.