A coordinadora do noso proxecto Erasmus +, Beatriz Nieto, participou como
relatora nunhas xornadas de formación para o profesorado organizadas polo
centro de formación e recursos (CFR) de Ourense o sábado pasado. Alí impartíu unha charla para
dar a coñecer a posta en marcha de numerosos proxectos que fan do noso centro
unha escola inclusiva, multicultural e plurilingüe tal e como se recolle no noso Plan de Desenvolvemento Europeo.
Con entusiasmo e de forma clara, Bea amosou os pormenores do noso proxecto
Erasmus+, dos nosos proxectos eTwinning, do programa de Escolas Embaixadoras ao
que pertencemos e o concurso Euroescola cuxa última edición vimos de gañar.
Grazas Bea por difundir o plan e ao CFR de Ourense por contribuír ao seu impacto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario