O mércores pasado, a titora de 2º de primaria, Antía Pousa, impartíu unha interesantísima charla ao
profesorado sobre todo o aprendido durante a súa estadía de observación noIstituto Comprensivo Marconi Antonelli en Turín.
Foron cinco días intensos de observación e colaboración grazas aos que
Antía puido familiarizarse coas etapas educativas en Italia, os enfoque pedagógicos
con máis presenza nas aulas de primaria e secundaria, os instrumentos de
avaliación e a xestión e coordinación dun centro integrado de ensino obligatorio.
Ademais, compartíu con nós
unha fascinante comparativa do sistema educativo español e da realidade docente
e sociocultural de ambos centros, unha información valiosísima que sen dúbida
terá un impacto a curto e longo prázo na nosa comunidade escolar.
Grazas, Antía!
Ningún comentario:
Publicar un comentario