Antía Pousa,
titora de 2º de primaria, ven de compartir con nós a súa experiencia en Turín
logo de rematar a súa estadía no Istituto Comprensivo Marconi Antonelli a
finais do pasado novembro. Non deixes de ler esta entrevista. Grazas, Antía!
Antía coa directora e a coordinadora de programas europeos do IC Marconi Antonelli |
Tipo de
mobilidade: estadía de observación
Institución
de acollida: Istituto Comprensivo Marconi Antonelli
Duración:
5 días
Lugar: Turín,
Italia
Podes
describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Consistiu
e levar a cabo proxectos de intercambio de aspectos culturais de ambos países:
gastronomía, festas, monumentos, música así como observar o funcionamento do
centro e do día a día nas aulas.
Que tipo
de actividades levaches a cabo durante a mobilidade?
Actividades
de intercambio de impresións e materiais, observación de sesións de distintas
áreas e participación no desenvolvemento das mesmas.
Que
contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
O xeito
de organizar as sesións así como o enfoque pedagóxico de varias áreas
dependendo do nivel educativo.
Cales
foron os aspectos máis positivos da experiencia?
Coñecer
cómo funciona o sistema educativo doutro país e poder observar en primeira
persoa o desenvolvemento dunha sesión.
Como
cres que podería mellorar?
Organizando
un pouco mellor o reparto das horas de observación no centro de acollida. Tamén
penso que sería unha boa idea viaxar dous compañeiros.
Cal
prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no
centro?
Creo que
esta estadía pode favorecer o uso de metodoloxías motivadoras e fomentar
melloras na organización do centro.
En
xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi
satisfactorio
Estarías
disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?
Sí
Recomendarías
esta experiencia a outros profesores?
Por
suposto
Que lles
dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
É unha
experiencia moi enriquecedora tanto a nivel profesional como persoal.
Para
saber máis sobre a mobilidade de Antía, fai clic AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario