Velaquí varias imaxes do obradoiro de expresión e interacción oral en inglés impartido pola nosa profesora María José Gil no Centro de Formación e Recursos de Ourense da man do Consorcio Erasmus+ "La educación inclusiva para la escuela actual" liderado polo CFR de Ourense e do que o noso centro forma parte.
Trátase dunha actividade
interactiva na que María José dotou aos participantes de estratexias, técnicas
e frases útiles para poder levar a cabo con éxito unha mobilidade Erasmus + de
formación do profesorado, unha evidencia clara do impacto sostible dos nosos
proxectos Erasmus +.
Thanks a million, María
José!
Ningún comentario:
Publicar un comentario