xoves, 17 de febreiro de 2022

Sesión formativa no IES Xesús Taboada Chivite

 A nosa xefa de estudos, Beatriz Nieto, ven de impartir unha sesión formativa no IES Taboada Chivite en Verín sobre como aplicar metodoloxías activas da aula, unha das áreas de interés dos nosos proxectos Erasmus + KA1 e do noso Plan Erasmus.



Bea compartíu estratexias e boas prácticas de enfoques como a aprendizaxe por proxectos, a aula invertida, a gamificación e a avaliación formativa, boas prácticas que evidencian o impacto sostible do programa Erasmus +. 


Asímismo, presentou os diversos proxectos nos que se atopa inmerso o noso centro e os seus obxectivos, socios e produtos a conseguir. Destacan, entre eles, os dous proxectos KA226 nos que estamos asociados: Inclusive digital Education for Students and Families with fewer opportunities (IDEFFO), coordinado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia e Digital Technology,Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching (#DTICEQT)liderado pola Universidade de Santiago de Compostela.


Os docentes do IES Taboada Chivite puideron así, achegarse tamén a metodoloxía de traballo que desenvolvemos para implementar estos dous proxectos nas etapas de Educación Primaria e Secundaria e que se basean na aprendizaxe baseada na resolución de problemas ou retos e o fomento das competencias dixitais.


Grazas, Bea!

Ningún comentario:

Publicar un comentario