sábado, 31 de maio de 2025

Participación no Encontro Internacional Erasmus+ Ourense 2025

 A nosa directora e a nosa xefa de estudos participaron recentemente no Encontro Internacional Erasmus+ Ourense 2025, que tivo lugar no Centro de Formación e Recursos (CFR) de Ourense. Este evento reuniu a profesionais da educación de diferentes puntos para afondar no coñecemento e mellora da xestión dos proxectos Erasmus+.




Durante o encontro, Bea Nieto impartiu varios obradoiros moi enriquecedores nos que explicou con detalle como utilizar a plataforma do Módulo do Beneficiario, unha ferramenta esencial para a correcta xestión administrativa e económica dos proxectos Erasmus. Esta formación resultou moi útil para as nosas representantes, que puideron resolver dúbidas prácticas e coñecer as últimas actualizacións da plataforma.

Ademais, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man exemplos de boas prácticas Erasmus desenvolvidas en centros educativos de Ourense, o que lles permitiu recoller ideas inspiradoras que poderemos aplicar nos nosos propios proxectos de internacionalización.

martes, 27 de maio de 2025

Posta en común da mobilidade en Peniche

 O alumnado de 4º ven de facer unha presentación para os seus compañeros da estadía Erasmus + de 5 días no Agrupamento de Escolas Don Luís de Ataíde en Peniche, Portugal.

Grazas por compartir a vosa experiencia!











venres, 16 de maio de 2025

Día 5 da mobilidade Erasmus en Peniche

 Hoxe puxemos o broche final a unha semana inesquecible no Agrupamento de Escolas Don Luís de Ataíde, con diversas actividades que nos deixaron un gran sabor de boca:

1️⃣ Comezamos o día cunha sesión de introdución ao portugués, onde aprendemos expresións básicas e curiosidades da lingua veciña.
2️⃣ Seguimos cunha divertida clase de danza tradicional portuguesa, na que puxemos a proba o ritmo e coñecimos máis da cultura local.
3️⃣ Desfrutamos dunha sesión de física e química ao aire libre, combinando aprendizaxe e natureza.
4️⃣ E, por último, vivimos un emotivo momento de despedida coa entrega de diplomas.

Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta experiencia! Erasmus é moito máis ca unha viaxe: é aprendizaxe, convivencia e lembranzas para toda a vida.














Día 4 da mobilidade Erasmus en Peniche

 Cuarto día da mobilidade Erasmus do alumnado de 4º da ESO transcorreu entre accións ambientais, descubrimentos culturais e moita convivencia. A xornada desenvolveuse no Agrupamento de Escolas Don Luís de Ataíde, en Peniche, e nos seus arredores, cun programa cheo de experiencias enriquecedoras:

1️⃣ A mañá comezou cunha actividade de limpeza de praia, en colaboración cos compañeiros e compañeiras de Portugal e coa organización Ocean Patrol. Alumnado galego e portugués traballaron en equipo para coidar o medio ambiente.
2️⃣ Unha vez recollidos os residuos, procedeuse ao seu pesaxe, nun ambiente de colaboración e aprendizaxe. Despois, gozaron dun tempo de lecer na praia, fortalecendo lazos entre o grupo.
3️⃣ O mediodía trouxo un momento de encontro arredor da mesa: un xantar compartido no Agrupamento, onde continuaron estreitando vínculos.
4️⃣ Pola tarde, fixeron unha ruta pola costa, visitando lugares tan emblemáticos como Baleal e a Praia do Rei, sempre acompañados polo grupo anfitrión.
5️⃣ Para rematar o día, realizaron unha visita á vila medieval de Óbidos, onde continuaron explorando a riqueza histórica e cultural da rexión.













Foi unha xornada intensa e completa, que combinou o compromiso ambiental coa convivencia internacional e a descuberta do patrimonio portugués.

xoves, 15 de maio de 2025

Día 3 da mobilidade Erasmus en Peniche

 O terceiro día da nosa mobilidade Erasmus foi cheo de historia, cultura e diversión! O alumnado de 4º da ESO visitou Lisboa, onde viviu unha xornada inesquecible. Aquí vai un resumo do noso itinerario:

1️⃣ Oceanario de Lisboa – Marabillosa inmersión no mundo mariño 
2️⃣ Picnic no Jardim Vasco da Gama – Un descanso ao aire libre 
3️⃣ Natas na Pastelaria Pastéis de Belém – Un bocado de tradición portuguesa 
4️⃣ Monasterio dos Jerónimos e Jardim Praça do Império – Historia e beleza a cada paso 
5️⃣ Paseo polo Padrão dos Descobrimentos ata a Torre de Belém – Emocións a beira do río 
6️⃣ Parque Natural de Sintra e Palacio da Pena – Unha fermosa excursión chea de natureza e cultura 












mércores, 14 de maio de 2025

Día 2 da mobilidade Erasmus co alumnado en Peniche

 O segundo día da mobilidade do alumnado de 4º da ESO no Agrupamento de Escolas Don Luís de Ataíde comezou cunha visita guiada polos edificios do colexio e o ximnasio, onde puideron coñecer os espazos que compartirán durante a semana.






















Na biblioteca participaron nunha actividade conmemorativa do centenario de Camões e no proxecto Bookmask, no que presentaron libros agochados en papel mediante pistas, promovendo así o interese pola lectura.

Tamén tiveron a oportunidade de preparar un caldo verde, unha actividade culinaria divertida e moi sabrosa que lles permitiu achegarse á cultura gastronómica portuguesa.

Ao longo do día realizaron unha práctica de matemáticas dixitais, asistiron a unha clase de Ciencias Naturais e escoitaron unha charla informativa de Europe Direct sobre as oportunidades que ofrece o programa Erasmus+.

Visitaron novamente a biblioteca e fixeron tres presentacións: unha sobre Galicia e a súa cultura, outra sobre Ourense, e unha terceira sobre o seu colexio.

A xornada rematou cun paseo por Peniche, disfrutando da paisaxe e coñecendo mellor a vila que os acolle nesta enriquecedora experiencia internacional.